lunes, 9 de diciembre de 2019
Manualidades para o Nadal
Aquí vos deixo varios vídeos onde se ensina formas fáciles e ao mesmo tempo vistosas de facer manualidades para decorar no Nadal. Unha delas é sobre como facer un copo de neve e outras dúas son de estrelas.
domingo, 8 de diciembre de 2019
A Entrevista
Despois de ver o que é unha noticia e como elaborar unha, agora pasamos a traballar a entrevista. Pinchade no seguinte enlace para acceder á presentación:
Enlace á ENTREVISTA.
Enlace á ENTREVISTA.
viernes, 6 de diciembre de 2019
A NOTICIA
Este curso imos traballar por primeira vez no proxecto de "Faro da Escola", organizado e promovido polo xornal Faro de Vigo.
Como primeiro paso, imos traballar as noticias. A continuación, temos dous enlaces que nos explicarán e orientarán á hora de coñecer o que é unha noticia e como poder elaborar nós mesmos a nosa propia noticia.
Enlace 1: QUE É A NOTICIA?
Enlace 2: ELABORA UNHA NOTICIA
jueves, 5 de diciembre de 2019
Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O pasado 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Previamente, o alumnado de 3º participamos xunto cos compañeiros/as de 4º nun taller promovido por ACEESCA para a elaboración de carteis. Despois tamén decoramos o noso paraugas da inclusión, para acabar celebrando dito día xunto con outros colexios da contorna e cos amigos de ACEESCA no centro de O Porriño. A continuación, deixamos unha pequena mostra en forma de vídeo sobre esta fermosa e necesaria conmemoración.
martes, 26 de noviembre de 2019
Coñecemos as Fobias
Como parte do noso traballo de cara ao proxecto das Emocións que estamos a desenvolver este curso no centro, incluimos no blog a nosa investigación sobre os medos máis comúns. Algúns deles son coñecidos, pero outros seguro que vos sorprenderán.
lunes, 25 de noviembre de 2019
Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
A educación é un dos elementos fundamentais para poder, entre todos, cambiar a mellor a nosa sociedade.
O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de
Xénero, e que pretende loitar contra a violencia que sofren as mulleres,
tanto no ámbito familiar como no social, e que supón unha lacra para o
conxunto da poboación. Dentro do colectivo das mulleres, as menores de
idade son as que máis sofren, polo que son as que precisan maior
atención e axuda pola nosa parte.
A continuación tedes varios vídeos que nos axudan a reflexionar sobre o tema.
jueves, 21 de noviembre de 2019
Día Universal da Infancia
Tamén chamado Día Universal do Neno, é un día especial no que se defenden aqueles dereitos básicos que todo neno e nena debe ter, como o dereito á educación ou a unha vida digna. A continuación temos varios vídeos que nos ilustran un pouco máis sobre a importancia de dito día.
lunes, 11 de noviembre de 2019
miércoles, 30 de octubre de 2019
RETALES do comezo de curso
A continuación podedes ver algún dos progresos do alumnado de 3º de EP nos dous primeiros meses.
lunes, 28 de octubre de 2019
Proxecto "Explorando Emocións"
jueves, 17 de octubre de 2019
Normas e TICs
A continuación, imos elexir unhas normas para a aula, pero desta volta empregaremos as TICs, fomentando así un uso diferente e favorecendo que o alumnado se familiarice co blog.
Para iso tedes que premer no seguinte enlace e cubrir a ENQUISA.
jueves, 19 de septiembre de 2019
Comezamos o curso 2019-2020!
Comezamos este novo curso con moitos ánimos e moita ilusión, tanto por parte dos mestres coma do alumnado. Temos moitas ganas de mostrar todas as nosas aprendizaxes e mailos progresos. Vai a ser un curso moi divertido no que teremos que dar o mellor de nós.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
TEST de EF 1º trimestre curso 2022-23
Pincha no seguinte enlace para facer o TEST: https://forms.gle/3JwXYgXYr9hMVjcN6
-
Despois de moito traballo, o alumnado de 3º do CEIP Cruz Budiño comparten con todos vós o resultado final do seu proxecto de Pasapalabra en ...
-
SORPRESA! Desta volta traio unha canción en forma de rap que titulei “Non hai 3º malo”, con un gran ritmo musical e coa letra composta por...