martes, 26 de noviembre de 2019

Coñecemos as Fobias

Como parte do noso traballo de cara ao proxecto das Emocións que estamos a desenvolver este curso no centro, incluimos no blog a nosa investigación sobre os medos máis comúns. Algúns deles son coñecidos, pero outros seguro que vos sorprenderán.


lunes, 25 de noviembre de 2019

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

A educación é un dos elementos fundamentais para poder, entre todos, cambiar a mellor a nosa sociedade.

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e que pretende loitar contra a violencia que sofren as mulleres, tanto no ámbito familiar como no social, e que supón unha lacra para o conxunto da poboación. Dentro do colectivo das mulleres, as menores de idade son as que máis sofren, polo que son as que precisan maior atención e axuda pola nosa parte.

A continuación tedes varios vídeos que nos axudan a reflexionar sobre o tema.



jueves, 21 de noviembre de 2019

Día Universal da Infancia

Tamén chamado Día Universal do Neno, é un día especial no que se defenden aqueles dereitos básicos que todo neno e nena debe ter, como o dereito á educación ou a unha vida digna. A continuación temos varios vídeos que nos ilustran un pouco máis sobre a importancia de dito día.





TEST de EF 1º trimestre curso 2022-23

 Pincha no seguinte enlace para facer o TEST: https://forms.gle/3JwXYgXYr9hMVjcN6