lunes, 3 de febrero de 2020
HISTORIAS DE BUDIÑO
Xa no ecuador do curso, amosamos as fazañas do alumnado de 3º curso en forma de tráiler. Esperamos que vos guste!
viernes, 31 de enero de 2020
OS ANIMAIS e as funcións vitais
Os rapaces e rapazas de 3º elaboraron unas vídeos a modo de repaso sobre o tema dos animais. Esperamos que vos gusten!
NUTRICIÓN:
RELACIÓN:
REPRODUCIÓN:
NUTRICIÓN:
domingo, 12 de enero de 2020
Pollock e a pintura
Imos coñecer a un artista diferente que conseguiu desenvolver un estilo propio despois de moitas dificultades e tamén de observar e tomar inspiración noutros pintores e pintoras.
Pincha nos seguintes enlaces:
lunes, 9 de diciembre de 2019
Manualidades para o Nadal
Aquí vos deixo varios vídeos onde se ensina formas fáciles e ao mesmo tempo vistosas de facer manualidades para decorar no Nadal. Unha delas é sobre como facer un copo de neve e outras dúas son de estrelas.
domingo, 8 de diciembre de 2019
A Entrevista
Despois de ver o que é unha noticia e como elaborar unha, agora pasamos a traballar a entrevista. Pinchade no seguinte enlace para acceder á presentación:
Enlace á ENTREVISTA.
Enlace á ENTREVISTA.
viernes, 6 de diciembre de 2019
A NOTICIA
Este curso imos traballar por primeira vez no proxecto de "Faro da Escola", organizado e promovido polo xornal Faro de Vigo.
Como primeiro paso, imos traballar as noticias. A continuación, temos dous enlaces que nos explicarán e orientarán á hora de coñecer o que é unha noticia e como poder elaborar nós mesmos a nosa propia noticia.
Enlace 1: QUE É A NOTICIA?
Enlace 2: ELABORA UNHA NOTICIA
jueves, 5 de diciembre de 2019
Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O pasado 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Previamente, o alumnado de 3º participamos xunto cos compañeiros/as de 4º nun taller promovido por ACEESCA para a elaboración de carteis. Despois tamén decoramos o noso paraugas da inclusión, para acabar celebrando dito día xunto con outros colexios da contorna e cos amigos de ACEESCA no centro de O Porriño. A continuación, deixamos unha pequena mostra en forma de vídeo sobre esta fermosa e necesaria conmemoración.
martes, 26 de noviembre de 2019
Coñecemos as Fobias
Como parte do noso traballo de cara ao proxecto das Emocións que estamos a desenvolver este curso no centro, incluimos no blog a nosa investigación sobre os medos máis comúns. Algúns deles son coñecidos, pero outros seguro que vos sorprenderán.
lunes, 25 de noviembre de 2019
Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
A educación é un dos elementos fundamentais para poder, entre todos, cambiar a mellor a nosa sociedade.
O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de
Xénero, e que pretende loitar contra a violencia que sofren as mulleres,
tanto no ámbito familiar como no social, e que supón unha lacra para o
conxunto da poboación. Dentro do colectivo das mulleres, as menores de
idade son as que máis sofren, polo que son as que precisan maior
atención e axuda pola nosa parte.
A continuación tedes varios vídeos que nos axudan a reflexionar sobre o tema.
jueves, 21 de noviembre de 2019
Día Universal da Infancia
Tamén chamado Día Universal do Neno, é un día especial no que se defenden aqueles dereitos básicos que todo neno e nena debe ter, como o dereito á educación ou a unha vida digna. A continuación temos varios vídeos que nos ilustran un pouco máis sobre a importancia de dito día.
lunes, 11 de noviembre de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
TEST de EF 1º trimestre curso 2022-23
Pincha no seguinte enlace para facer o TEST: https://forms.gle/3JwXYgXYr9hMVjcN6
-
SORPRESA! Desta volta traio unha canción en forma de rap que titulei “Non hai 3º malo”, con un gran ritmo musical e coa letra composta por...
-
Despois de moito traballo, o alumnado de 3º do CEIP Cruz Budiño comparten con todos vós o resultado final do seu proxecto de Pasapalabra en ...



