domingo, 26 de abril de 2020
jueves, 9 de abril de 2020
A clase de 3º está de confinamento
Durante esta corentena, os alumnos e alumnas de 3º estiveron moi activos e creativos, amosando que quedar na casa é posible grazas ao esforzo de todos. Desfrutade do vídeo e moito ánimo a todos que xa queda menos!
miércoles, 8 de abril de 2020
Retales do 2º trimestre
Aí quedan momentos para a lembranza, en compañía, que botamos todos de menos. Esperamos que esteades todos sans e poder vervos pronto!
jueves, 2 de abril de 2020
Día Internacional do Libro Infantil
Hoxe celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coincidindo así coa data de nacemento do autor danés Hans Christian Andersen.
A continuación, déixovos un enlace a un conto moi divertido contado por Carles García Domingo, da compañía teatral Zarándula.
A continuación, déixovos un enlace a un conto moi divertido contado por Carles García Domingo, da compañía teatral Zarándula.
viernes, 20 de marzo de 2020
A Garda: excursión, cultura e medioambiente
O pasado mércores 11 de marzo, o CEIP Cruz Budiño, en colaboración co CEIP M.R. Sinde, organizou unha excursión á praia de Camposancos, en A Garda, co fin de traballar na recollida de residuos en entornos naturais e coincienciar da importancia de coidar o planeta e do gran perigo que supoñen os microplásticos para os nosos ecosistemas e tamén para o ser humano.
Na primeira parte da mañá, dividímonos en 2 grupos. Os maiores subiron a Santa Trega e aprenderon moitas cousas sobre os castros. Os máis pequenos fixeron unha visita ao Peirao. Logo xuntámonos todos na praia a facer a tan ansiada limpeza da mesma.
O resultado podédelo ver no seguinte vídeo. Esperamos que vos guste!

sábado, 14 de marzo de 2020
Rosalía de Castro - “Airiños, airiños aires”
O pasado 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro, no cal se conmemora o aniversario do seu nacemento. O alumnado de 3º quixemos facer unha pequena contribución con dito día, lendo versos dun dos poemas máis recoñecidos da nosa poetisa máis universal. E xa que previamente traballaramos os versos do libro “Vento, ventiño, venteiro” do escritor Antonio García Teijeiro, que mellor poema de Rosalía que “Airiños, airiños aires”?
Sen embargo, aínda que tamén se fala de ventos, poidemos comprobar que neste poema Rosalía emprega o vento, así como outros elementos, para indicarnos o moito que bota de menos Galicia, con toda esa morriña que nos caracteriza aos galegos.
A continuación tedes o vídeo coa lectura do poema. Esperamos que vos guste!

martes, 3 de marzo de 2020
Imos ao teatro!
O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria do CEIP Cruz Budiño fumos ao teatro a ver a obra “Safari”. Pasámolo moi ben, rimos moito e aprendemos sobre o perigo do acoso escolar ou bullying.
miércoles, 5 de febrero de 2020
lunes, 3 de febrero de 2020
POESÍA VIVA
Practicamos a lectura de poemas do marabilloso autor galego ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO que nos visitou hai pouco.
HISTORIAS DE BUDIÑO
Xa no ecuador do curso, amosamos as fazañas do alumnado de 3º curso en forma de tráiler. Esperamos que vos guste!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
TEST de EF 1º trimestre curso 2022-23
Pincha no seguinte enlace para facer o TEST: https://forms.gle/3JwXYgXYr9hMVjcN6
-
O alumnado de 4º de Educación Primaria achega uns poemas de creación propia nos que representan a súa visión dos cambios que experimentaremo...
-
Este curso imos traballar por primeira vez no proxecto de "Faro da Escola", organizado e promovido polo xornal Faro de Vigo. Co...