martes, 23 de junio de 2020

Rap “Non hai 3º malo”

SORPRESA!

Desta volta traio unha canción en forma de rap que titulei “Non hai 3º malo”, con un gran ritmo musical e coa letra composta por min como homenaxe a este grupo de alumnos e alumnas tan especial.
Espero que vos guste, pois está feito de todo corazón, e que aflore en vós as mesmas emocións que me produce a min este 3º máxico.
É a miña forma de darvos as grazas ás familias e aos alumnos/as, de despedir este curso tan atípico e de desexarvos un bo verán.


viernes, 5 de junio de 2020

Pasapalabra en Galego

Despois de moito traballo, o alumnado de 3º do CEIP Cruz Budiño comparten con todos vós o resultado final do seu proxecto de Pasapalabra en Galego. Seredes quen de acertar todas as palabras do rosco?
Moito ánimo, seguro que si!


sábado, 23 de mayo de 2020

Exemplo de Pasapalabra

Normas para gravar:

  1. Vestide como presentadores/as de televisión.
  2. Boa iluminación natural.
  3. Con unha parede de fondo de cor neutro.
  4. Falar alto, claro e despacio, con unha pausa entre a presentación da letra e a definición.
  5. Presentar a letra da seguinte maneira (segundo corresponda):
              - Comeza polo...
              - Contén o...

Aquí vos deixo un exemplo de como vos debe quedar o vídeo:



Aquí o exemplo de como quedaría o vídeo editado:


sábado, 16 de mayo de 2020

Ricardo Carvalho Calero - Letras Galegas 2020

O alumnado de 3º le en grupo un fragmento do relato “As pitas baixo a choiva” de Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.

 Bo traballo rapaces!


jueves, 9 de abril de 2020

A clase de 3º está de confinamento

Durante esta corentena, os alumnos e alumnas de 3º estiveron moi activos e creativos, amosando que quedar na casa é posible grazas ao esforzo de todos. Desfrutade do vídeo e moito ánimo a todos que xa queda menos!


miércoles, 8 de abril de 2020

Retales do 2º trimestre

Aí quedan momentos para a lembranza, en compañía, que botamos todos de menos. Esperamos que esteades todos sans e poder vervos pronto!


jueves, 2 de abril de 2020

Día Internacional do Libro Infantil

Hoxe celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coincidindo así coa data de nacemento do autor danés Hans Christian Andersen.

A continuación, déixovos un enlace a un conto moi divertido contado por Carles García Domingo, da compañía teatral Zarándula.



viernes, 20 de marzo de 2020

A Garda: excursión, cultura e medioambiente

O pasado mércores 11 de marzo, o CEIP Cruz Budiño, en colaboración co CEIP M.R. Sinde, organizou unha excursión á praia de Camposancos, en A Garda, co fin de traballar na recollida de residuos en entornos naturais e coincienciar da importancia de coidar o planeta e do gran perigo que supoñen os microplásticos para os nosos ecosistemas e tamén para o ser humano.
Na primeira parte da mañá, dividímonos en 2 grupos. Os maiores subiron a Santa Trega e aprenderon moitas cousas sobre os castros. Os máis pequenos fixeron unha visita ao Peirao. Logo xuntámonos todos na praia a facer a tan ansiada limpeza da mesma.

O resultado podédelo ver no seguinte vídeo. Esperamos que vos guste!


sábado, 14 de marzo de 2020

Rosalía de Castro - “Airiños, airiños aires”

O pasado 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro, no cal se conmemora o aniversario do seu nacemento. O alumnado de 3º quixemos facer unha pequena contribución con dito día, lendo versos dun dos poemas máis recoñecidos da nosa poetisa máis universal. E xa que previamente traballaramos os versos do libro “Vento, ventiño, venteiro” do escritor Antonio García Teijeiro, que mellor poema de Rosalía que “Airiños, airiños aires”?

Sen embargo, aínda que tamén se fala de ventos, poidemos comprobar que neste poema Rosalía emprega o vento, así como outros elementos, para indicarnos o moito que bota de menos Galicia, con toda esa morriña que nos caracteriza aos galegos.

A continuación tedes o vídeo coa lectura do poema. Esperamos que vos guste!


TEST de EF 1º trimestre curso 2022-23

 Pincha no seguinte enlace para facer o TEST: https://forms.gle/3JwXYgXYr9hMVjcN6