A modo de resumo do 1° trimestre, comparto un vídeo no que se poden ver algunhas das actividades realizadas durante o mesmo. Que teñades un bo ano 2021!
A modo de resumo do 1° trimestre, comparto un vídeo no que se poden ver algunhas das actividades realizadas durante o mesmo. Que teñades un bo ano 2021!
Debido á pandemia, este ano no colexio decidimos que non queriamos quedar sen celebrar o festival de Nadal, aínda que fose dun xeito diferente. Deste xeito, xurdiu a idea de que cada aula crease un videoclip musical gravando ao alumnado para logo unilos todos a modo de festival virtual.
A continuación déixovos o vídeo do grupo de 4º de Educación Primaria, no cal bailamos ao son de Michael Bublé e a súa canción "The more you give".
Esperamos que vos guste!
Este deporte ten máis de 100 anos de historia e foi o primeiro que foi mixto por reglamento. Aquí vos deixo dous vídeos para que poidades saber máis do Balonkorf. O primeiro é máis curto e serve para entender dunha forma básica como xogar. O segundo vídeo está máis elaborado e inclúe a historia do deporte e o reglamento con máis detalle.
Pincha no seguinte enlace para facer o TEST: https://forms.gle/3JwXYgXYr9hMVjcN6