lunes, 5 de julio de 2021

Despedida para un curso diferente

 Rapaces e rapazas, este curso xa hai uns días que chegou ao seu fin e resultou máis complexo que de costume, con moitas normas novas e que nos requeriron grandes esforzos a todos ao longo do curso. Satisfáceme poder decirvos que todos vós cumplistes con gran capacidade os obxectivos marcados e por iso só vos podo felicitar.

Antes de dar paso ao vídeo-despedida, quixera darvos un consello que funciona como unha filosofía de vida:

    Aplicade sempre que poidades a curiosidade, a creatividade e a vosa imaxinación (xogando, escribindo, bailando, pintando, construíndo, debuxando, lendo...) . Son 3 cualidades que engadidas ao esforzo e á paixón vanvos levar alá a onde queirades chegar.

Finalmente, como despedida deste curso, compártovos  este vídeo musical que funciona a modo de resumo do mesmo. Espero que vos guste!




 



1 comentario:

TEST de EF 1º trimestre curso 2022-23

 Pincha no seguinte enlace para facer o TEST: https://forms.gle/3JwXYgXYr9hMVjcN6